30/07/2010

Acto de contrición (unha patada miña)

Despois de todo o que ando a escribir e falar ultimamente sobre o cénit do petróleo e resulta que me enteiro aínda agora que se di cénite ou zénite en galego! :-( Mira que levo dado patadas, entón! Pois nada, como castigo reescribirei o termo en todos os lugares onde poida e ademais con z, que parece ser etimoloxicamente máis axeitado (seica procede do árabe a través do castelán antigo zénit).

Recoñézoo: para o meu pesar… eu tamén vos son (aínda) bastante castrapeiro! :-(

One Response to 'Acto de contrición (unha patada miña)'

  1. 1Administrador
    Diciembre 26th, 2008 at 9:56 pm

    Ben, pois resulta que tampouco parece estar tan claro. Aínda que en portugués escriben zênite ou zénite, e así aparece no dicionario Estraviz (aceptando tamén cénite), no dicionario da RAG aparece como cénit.

    :-(


Leave a Response


Aspecto visual diseñado por Chris Lin y modificado por Casdeiro. Blog soportado en Wordpress.
XHTML | CSS | RSS | Comentarios RSS