AreaPC: menuda mellor tenda on-line de España!
Unha das cousas que quería contar hai tempo é a miña mala (e por iso única) experiencia coa que supostamente é unha das mellores (?) e máis exitosas tendas on-line de España: AreaPC.
A miña compra foi feita hai case un ano. Era un reproductor MP3 para regalar. Como a memoria interna era escasa, decidín mercar ao mesmo tempo unha ampliación de memoria de tipo SD de 256 MB. AreaPC indicaba na tenda esa memoria como elemento opcional para o reproductor que quería, así que…
Recibino e cando lle insertaba a memoria non che había forma de que funcionara. Dei corenta mil voltas, gastei non sei cantas chamadas ao seu 902 (coas conseguintes esperas ao aparato), conversas cos técnicos, envíos postais certificados para devolver a memoria (querían que devolvera o aparato pero eu sabía que estaba ben)… ata que ao final tiven que descubrir pola miña conta que ese reproductor só admitía ata 126 MB de memoria ampliada.
Así que chapeau pola información so seu web, polo seu servizo de atención e pola destreza dos seus técnicos que me aseguraban que a eles lles funcionaba! >:-( Vamos, que se esta é a mellor tenda on-line… estamos aviados!
Ah, iso si: devolvéronme os cartos da memoria máis dun mes despois. E a persoa á que llo ía regalar estivo con medio reproductor ata que lle merquei (nunha tenda na rúa) unha SD de 126 MB.
No Comments »
Aún no hay comentarios.
RSS de los comentarios de esta entrada. TrackBack URI


