PlanetaComic: coidadiño con eles!
Outra mala experiencia de comercio-e foi a que tiven con PlanetaComic.net. Andaba eu buscando un comic esgotado nas tendas físicas dos meus arredores cando fun dar con esta tenda. Curiosamente cando ía rematar a compra atopeime cun problema:

- Por un lado o sistema de rexistro é penoso e confuso. Tiven que cambiar de navegador porque pensaba que só funcionaba con IE (o web que xa me obriga a isto xa perde moito comigo).
- Despois vin que ao pedir certo tipo de artigo, obrigábanme a recibilo por mensaxería, co conseguinte gasto extra.
- Pero xa o que a rematou e mesmo merecería unha denuncia por fraude é que na páxina final de pagamento din que:
- Por non falar da súa liante maneira de pedir permiso para enviarche publicidade, primeiro cunha casiña que che di Deseo recibir la newsletter de Planetacomic.net con las últimas novedades (marcada por omisión) e despois outra que di Si no desea ser informado de nuestros productos o servicios o de los de terceras empresas, señale con una “x” la casilla. E atentos á letra pequena case invisíbel:
Este pedido se realiza mediante servidor seguro, sus datos se transmiten encriptados para que no puedan interferirse por terceros.
e mesmo poñen o logo de Thawtee cunha lenda que di: sitio auténtico asegurado con SSL. Haz click aquí para comprarlo, pero nin se pode facer click nin vexo o candadiño dourado co que o meu navegador me avisa das páxinas seguras.
Así que evidentemente non lles dei o meu número de tarxeta de crédito nin lles fixen o pedido pagando por adiantado mediante trasferencia. ¡Se minten descaradamente!
Es posible que en un futuro - incluso finalizada nuestra relación comercial - utilicemos sus datos personales para informarle sobre nuestros productos y/o servicios o que comuniquemos tales datos a empresas colaboradoras, así como a otras empresas asociadas a la Federación Española de Comercio Electrónico y Marketing Directo que desarrollen su actividad en los sectores editorial, enseñanza y/o comunicación, con el fin de que le informen sobre los productos o servicios que comercialicen.
También es posible que no vuelva a pasárseme por la cabeza la loca idea de compraros algo! >:-)
No Comments »
Aún no hay comentarios.
RSS de los comentarios de esta entrada. TrackBack URI


