Res Retica

17/6/2005

[gl]

Mar de Tinta, outro web errado

Clasificado bajo: De Technologia Retis — admin @ 4:12 pm

Hoxe lin en Vieiros acerca do web de Mar de Tinta. Premín no link e comezou a romaría: para empezar incorren nun pecado aínda maior cós que fan os webs 100% en Macromedia Flash: estes fixérono en Macromedia Director, que o ten moita menos xente e está moi lonxe de ser unha tecnoloxía estándar. Así que ¡hala!, a descargar o plug-in para poder ver algo.

Unha vez feito comezan saír xanelas emerxentes (pop-ups) de Macromedia pedindo datos persoais, outras sacando publicidade… E se para entón non mandache aínda o web á merda, comezas ver a película feita co Director e botas varios segundo vendo unha frase de presentación e a cousa parece non avanzar… sen botón que premer para ir para diante nin para saltar a presentación nin nada parecido.

Que lles fixo este web, meu Deus!? Como é que a xente a estas alturas se deixa aconsellar tan mal??!!

3 Comments »

  1. Querido amigo, atopo o teu comentario un pouco tarde.
    O site referenciado por vieiros non ten nada que ver co colectivo galego do mesmo nome. O colectivo Mar de Tinta desenvouveu as súas accións na Praza de Fonseca de Compostela (todos os xoves) e noutras prazas do país durante máis de dous anos pero nunca ata hoxe dispuxo de web propia.

    Un saúdo

    Comentario por xiao — 24/1/2006 @ 4:15 pm

  2. Isto é falso

    Comentario por xiao — 24/1/2006 @ 4:16 pm

  3. Isto cal? Que é o que é falso?

    Comentario por Casdeiro — 24/1/2006 @ 10:53 pm

RSS de los comentarios de esta entrada. TrackBack URI

Deje un comentario

Powered by WordPress