Res Retica

10/4/2007

[GL]

A chuza anda revolta!

Clasificado bajo: De Reflexionibus Reti, Filli Callæchiæ — admin @ 6:19 pm

Hoxe fiquei sorprendido ao ver unha nova en Chuza que me levou a unha crítica moi dura dun dos seus usuarios máis destacado (Nemigo). A verdade é que aínda non me enteirei ben de que vai a película, xa que entrei no cine cando xa empezaran os tiros, pero ten toda a pinta de que hai dúas cuestións moi interesantes a debate:

  • O funcionamento dos sistemas sociais de promoción de noticias (Chuza, Menéame, etc.).
  • O modelo de financiamento publicitario de proxectos web

Ambos os dous son temas que me tocan moi de preto. O primeiro polas posibilidades de democratización que achegan ou poden achegar estes sistemas (vid. o meu fillo DemoTicias), e o segundo porque é unha vía de financiamento que tamén usamos en Fillos de Galicia.

Seguirei dando conta aquí e acolá das miñas impresións sobre o tema, e outro ao que nos pode levar… Que hai detrás da trangallada da Web 2.0?

4 Comments »

  1. A chuza anda revolta! (Que hai detrás da trangallada da Web 2.0?)…

    Casdeiro logo de ficar “sorprendido ao ver unha nova en Chuza que me levou a unha crítica moi dura dun dos seus usuarios máis destacado (Nemigo)” pensa que “ten toda a pinta de que hai dúas cuestións moi interesantes a debate: O funcionamento dos si…

    Trackback por chuza.org — 14/4/2007 @ 2:59 pm

  2. Home, o tema da financiación na nova web está moi moi posto a proba en Trebellos.org , e veremos a uns meses dende aquí…

    Comentario por Andrés Milleiro — 14/4/2007 @ 7:43 pm

  3. Non entendo moi ben o teu comentario, Andrés. Que ten que ver Trebellos con Chuza?

    Comentario por admin — 15/4/2007 @ 5:57 pm

  4. Non ten demasiado que ver, só digo que Trebellos é o primeiro blogue comercial en galego, é dicir, onde os editores cobran por escribir unha porcentaxe dos beneficios que o blog xera, así que é un bo experimento pra calcular o tema da financiación na web en galego ;)

    Comentario por Andrés Milleiro — 17/4/2007 @ 11:34 am

RSS de los comentarios de esta entrada. TrackBack URI

Deje un comentario

Powered by WordPress