Feiraco non se pregunta por que ninguén contacta con eles?
Despois das novas que foron aparecendo nestes últimos tempos sobre o tirapuxa dos gandeiros coas empresas que lles compran o leite, decidín facer unha visita ao web de Feiraco para averiguar se distribuían no País Vasco. Xa empecei mal: o .com correspondente non é deles… Despois atopeime á fin cun web moi pouco utilizable, cun excesivo emprego do Flash. Pero o peor de todo foi que o formulario de contacto non lles funciona. Coido lembrar que hai xa varios anos, atopeime con este mesmo problema. E digo eu: non lles extraña non recibir ningunha mensaxe de contacto por medio do seu web? Coido que é un indicio do pecado capital das empresas en Internet: non fan os seus proxectos de web cun obxectivo definido e cuantificado e así despois, non estabelecen mecanismos de seguimento para verificar se o diñeiro que investiron na Rede lles está a dar os resultados previstos. Se non, debían ter un obxectivo de contactos respondidos por medio do web, que loxicamente non se está a cumprir (desde hai anos!) porque o formulario non vai.
No Comments »
Aún no hay comentarios.
RSS de los comentarios de esta entrada. TrackBack URI


