O novo Vieiros e as ligazóns
Non quería deixar de comentar algo que me chamou desagradablemente a atención do novo Vieiros, ademais doutros aspectos de utilizabilidade web que teo comentado no propio portal. Neste caso semella unha incoherencia en canto á propia filosofía do portal. Lemos en http://www.vieiros.com/vieiros/index/texto:creative_commons o seguinte:
“Os links son fundamentais para que a información flúa a través de internet. “
Estupenda perogrullada! Pero, se verdadeiramente pensan iso… Por que xa non permiten incluir ligazóns nos comentarios do novo sistema? E por que eliminaron centos (senón milleiros) de comentarios que existían na versión anterior do portal e que contiñan en moitos casos interesantes ligazóns cara a outros webs?
Imaxino que isto, como o resto de suxestións, queixas e comentarios que lles deixei, caerá en saco roto. Pero non quería deixar de salientalo aquí para coñecemento doutros usuarios deste decanos dos portais galegos.
3 Comments »
RSS de los comentarios de esta entrada. TrackBack URI



Lemos acerca do proceso de ¿mellora? de Vieiros o seguinte:
Pois evidentemente recurtar as posibilidades dos comentaristas (non se pode poñer ningún tipo de etiqueta) e eliminar un imenso material de interese (arquivo de mensaxes nas novas vellas) non semella unha boa forma de non perder esa conversa constante. A non ser que a queiran dirixir máis rixidamente cara aos seus intereses de empresa e limitar o que se di, ou cando menos a forma en que se di.
Comentario por admin — 10/4/2007 @ 7:09 pm
Vexo que tamén nos perfís de usuarios (vid. v.g. http://beta.vieiros.com/usuarios/perfil/Calidonia … eu por certo sego sen poder modificar o meu, nin subir foto nin poñer URLs nin nada…) poñen ligazóns mortas. Penso que é un desprezo e unha cutrez moi grande por parte de Vieiros. Sabemos que ter ligazóns desde un dos webs máis importantes de Galiza é valioso, pero de aí a capar todos os links cara a fóra e aínda por riba dicir que “os links son fundamentais”… manda carallo!
Comentario por admin — 11/4/2007 @ 5:07 pm
Carallo! Deixando un comentario á nova da Touripedia, veño de descubrir que volveron a abrir a posibilidade de poñer ligazóns!!
Imaxino que as queixas os fixeron recapacitar. Foi en boa hora!
Comentario por admin — 10/6/2007 @ 7:00 pm