Res Retica

2/5/2007

[GL]

A Xunta contrata cunha empresa que nega a historia de Galiza

Clasificado bajo: De Reti Publica — admin @ 6:59 pm

…Esa empresa chámase Microsoft. Non soamente supón unha incoherencia a contratación efectuada polos dirixentes da Xunta co que eles mesmos enuncian no seu plan estratéxico da Sociedade da Información (comprar licencias de software propietario por valor de 1 millón e medio de euros, cando enches a boca dicindo apoiar o software libre), senón que supón unha mostra de falta de autorrespeto porque a Encarta, a famosa enciclopedia dixital editada por esta empresa, nega a existencia do Reino de Galiza, seguindo as liñas historiográficas do nacionalismo español. E se non o credes, e tedes a man esta enciclopedia, buscade “Reino de Asturias” e veredes como pouco máis que Asturias anexionou Galiza no século VIII!

Imaxinades ao goberno catalán contratando cunha empresa que negase nos seus produtos culturais a historia de Cataluña?

No Comments »

Aún no hay comentarios.

RSS de los comentarios de esta entrada. TrackBack URI

Deje un comentario

Powered by WordPress