Res Retica

11/8/2007

[GL]

Analfabetos electrónicos

Clasificado bajo: De Stultitia in Reti, De Reflexionibus Reti — admin @ 10:00 am

Non me deixará de indignar nunca o atrevida que é a ignorancia dalgúns usuarios da Rede. Porque o que non me extraña é que haxa esa ignorancia, de feito estamos a meter a millóns de persoas nun novo sistema de comunicación sen a máis mínima preparación sobre os seus códigos. É como se de súpeto tivésemos que compartir as autoestradas con milleiros de condutores noveles e sen carnet ao volante de coches do trinque.

Os problemas xorden cando te atopas nas ciberestradas con algún destes neointernautas (ou non tan neos) e che rifa por ires pola dereita, ou por non o avisar dun troco de sentido malia teres ti marcado correctamente cun intermitente do cal o analfabeto descoñece o significado.

É aí cando o internauta veterán se alporiza e lle ferve a cabeza. Como a estas alturas temos que aturar que alguén nos diga cousas como: “a min non te me atrevas a esmiuzar a miña mensaxe cando ma respondas” ou “é moi maleducado copiares e pegares as miñas frases” cando un emprega o clásico e practiquísimo quoting no e-mail, ou terlle que explicar a un interlocutor que se contesta por riba das mensaxes que responde, vólvese unha tolemia manter unha conversa mediante e-mails sucesivos!!? Ou mesmo ter que recibir unha bronca porque un necio de funcionario non sabe interpretar o emoticono máis sinxelo?

Se é que non deberían vender coches a quen non demostrou saber as normas de circulación! >:-(

No Comments »

Aún no hay comentarios.

RSS de los comentarios de esta entrada. TrackBack URI

Deje un comentario

Powered by WordPress