Res Retica

9/4/2008

[ES]

Vendo mis dominios

Clasificado bajo: De Reti Commerciali — admin @ 5:08 pm

Por si hay alguien interesado, acabo de poner una serie de dominios en venta en SEDO, la mayoría por no poder desarrollar los proyectos para los que los había pensado. Aquí tenéis el listado. Si hay alguien interesado, que me contacte.

Actualización 10/04/2008: más dominios:

Actualización 28/06/2008: más dominios:

Actualización 23/07/2008

Pongo enlaces a los dominios, a sus propias páginas (si las tienen) y a su página en SEDO.

27/3/2008

[GL]

Nintendo encirra os nenos ao perigo

Clasificado bajo: De Reti Commerciali, De Periculi Reti — admin @ 8:29 am

NintendoXa desde hai unhas semanas levo vendo un anuncio de Nintendo que no horario matinal infantil da TVG, encirra expresamente aos nenos a “chatear coa túa propia voz”, nun xogo para as consolas Nintendo e Nintendo DS que empregan conexión wi-fi para crear entornos multixogador. En Nintendo deben coñecer de sobra que empregaren a súa propia voz nos sistemas de chat-por-voz nas videoconsolas online é un factor importante de risco para os cativos, pola cuestión principalmente dos contacto con posibles pederastas (vid. traballos de Parry Aftab, ou de PantallasAmigas.net). Coido que a TVG debería retirar ese anuncio imediatamente, e Nintendo tomar nota para eliminalo doutras cadenas.

9/2/2008

[GL]

Promoción turística galega na Rede: unha idea

Clasificado bajo: De Reti Commerciali — admin @ 9:14 pm

TurGalicia: espabila!Estes días, coa presenza galega na feira Fitur, e co anuncio de TurGalicia de que van incidir nas novas tecnoloxías para a difusión turística de Galiza, volveron ao meu maxín algunhas ideas e reflexións sobre como poder aproveitar a Rede á hora de promocionar turísticamente un país pequeno como é o noso.

WikipediaParto do dato desde hai anos ben coñecido, de que a maioría dos internautas que viaxan, aínda que non adquiran ou contraten por Internet billetes ou reservas, usa moito a WWW para se informar sobre os lugares aos que viaxa. Así que non comprendo como a estas alturas non temos a Wikipedia (fonte de información por antonomasia na Rede, e que ademais é de libre modificación) inzada de información útil a este respecto para falantes de inglés, francés, alemán, português, etc.

Por que non subvenciona TurGalicia en colaboración coa Dirección Xeral da Sociedade da Información, un equipo de wikipedistas que se encargue de incluir e traducir páxinas nas diversas Wikipedias segundo idioma, para dar a coñecer todas as nosas zonas turísticas, aspectos salientables da nosa cultura, historia, gastronomía, patrimonio, etc?

Vexamos un exemplo do pouco aproveitada que temos neste sentido a Wikipedia: entrada das Illas Cíes. Só existen noutros 4 idiomas máis, non contando o español. En português por exemplo, turistas de alto interese pola viciñanza, apenas contén nada a páxina. En alemán (interesantes polo alto poder adquisitivo), outro tanto. E poderiamos seguir analizando moi diversos lugares de interese turística, monumentos, festas, etc. que apenas aparecen noutros idiomas (cando non temos a carencia mesmo en galego!).

Costaría ben pouco e tería importantísimos resultados a nivel de información. Se un internauta dispón de máis información turística e mellor situada nos buscadores (aí a Wikipedia é imbatible) que outra rexión, podemos atraer moitos turistas indecisos para a nosa terra. Penso que iso é moito mellor que non centrar todos os esforzos nos contidos do propio web de TurGalicia, que ten unha posición moito peor e polo tanto é moito menos atopable.

21/1/2008

[GL]

Quen modera o moderador? (Ou: Reixa, por que non calarás!)

Clasificado bajo: De Reti Commerciali, De Stultitia in Reti, De Reti Publica — admin @ 11:17 pm

Encontro Empresarios Galegos en RedeHai unhas pouquiñas horas tiven a desagradable ocasión de comprobar o que ten de certa a fama de ogro de Antón Reixa. Eu non esperaba en absoluto a bochornosa actuación que había presenciar cando acudín ao Pazo de Congresos de Compostela a escoitar as intervencións do panel sectorial “TIC & Audiovisual” do I Encontro de Empresarios Galegos en Rede.

Ao remate das exposicións Reixa, nas súas atribucións de moderador do panel, invitou ao público asistente a intervir con preguntas e así comezarmos un debate cos empresarios alí presentes. A primeira pregunta foi para Sara Dobarro, de Comunicación Global, e cando esta ferrolá emigrada estaba tratando de a contestar, Reixa cortouna abruptamente cunha crítica feroz e maleducada que virou mesmo nun trato cruel, abusivo, inxustificado e despreciativo contra a Sra. Dobarro, quen non daba saído do seu asombro como a maioría dos presentes. A hostilidade que lle amosou Reixa fala moi pouco da súa educación como persoa e da súa profesionalidade. Ademais, o fondo da súa crítica e censura á panelista nin tan sequera tiña fundamento lóxico: segundo el, Dobarro quixera vender o seu proxecto de TV IP pangalega, e iso parecíalle mal porque alí seica non se estaba para iso, senón para facer negocios. Eu non sei que tipo de negocios se fan sen mercar & vender, igual Reixa si… non o explicou; nin sei como se van estabelecer alianzas, cooperacións, sinerxias… tratos comerciais calesquera se cada un/ha non explica o que ofrece e o que precisa.

Reixa chegou a descualificar ad hominem a Dobarro (“no sabes comunicar”) e a criticar aos organizadores por tela invitado (“pois moi mal o IGAPE!”). Sara Dobarro recibira a invitación expresa dos responsables do IGAPE para expoñer o seu proxecto, segundo explicou despois, o cal descualifica totalmente o fondo da crítica de Reixa ao contido e obxectivo de dita exposición. Pero iso non quita para que as formas estiveran totalmente fóra de lugar. Daban gañas de soltalle desde o público a este resentido: “Acouga, McKeyhan, garda as pistolas que a señora non che fixo nada”. Lamentable o espectáculo deste showman que seica é director dun cluster do audiovisual galego. Compadezco aos que teñan que asistir ás reunións dese grupo empresarial con Reixa presidindo!

Pregúntome, por outra banda, se o motivo real desta histérica reacción de Antón Reixa ten algo que ver con que Dobarro defendera a viabilidade (ou mesmo a necesidade) dunha canle de TV por Internet, xa que veu imediatamente ao maxín o Foro da Cidade da Cultura de hai algo máis dun ano, no que tiven a sorte de participar e no que defendín tamén unha canle IP, naquel caso para trasmitir aos galegos da diáspora os eventos e contidos producidos cando a Cidade estea en marcha.

Daquela Reixa descualificou tamén con arrogancia e desprezo a mera idea dicindo que canles de TV tiñamos de abondo como para crear outra en Internet. Aínda que non explicou se onde tiñamos canles abondo era en Galiza, en España, no mundo, na diáspora, ou en Internet. Será que tivo a sorte de non ter que emigrar nunca nin que tentar exercer o seu dereito a desfrutar da cultura galega como emigrante, dereito recoñecido legal e moralmente para calquera galego, viva no lugar do mundo que viva. Vamos, todo un coñecer da relación dos medios coas NTIC e todo un paradigma de solidariedade intergalega.

11/8/2007

[GL]

Goodbye Adsense… Hello AdBrite!

Clasificado bajo: META, De Reti Commerciali — admin @ 5:30 pm

Hoxe fixen por un fin un cambio que levaba tempo querendo facer: os anuncios que nalgúns dos meus blogs (este e mais Patada al Diccionario) promocionaban a descarga do navegador Firefox coa barra de Google, desaparecen para deixar paso a anuncios de AdBrite. A razón é a seguinte: aínda que os centavos que Google pagaba cada vez que alguén facía a descarga e instalación do Firefox non viñan ao meu peto, senón que eran ingresados na conta do Adsense da Asociación Cultural Fillos de Galicia, da que fago parte, eu non acababa de estar nada a gusto con eles nas miñas páxinas pola miña teima contra Google (o boycott pola súa colaboración coa ditadura chinesa), así que procuraba outro sistema que non tivese que ver con eles. E Yahoo! tampouco me servía (outros que tal!). Así que optei por AdBrite agora que por fin traballan con webs de fala non inglesa e de fóra dos EE.UU. Así que a ver como vai. Agora, os poucos ingresos que haxa, irán directamente para min, e espero que compensen aínda que sexa parcialmente os custos deste hosting.





10/4/2007

[GL]

Utilizabilidade no novo Vieiros: imos a mellor… ou a peor?

Clasificado bajo: De Reti Commerciali — admin @ 7:04 pm

Apuxado pola fachenda coa que falan os presuntos responsables dos cambios na interface de Vieiros, debo deixar a miña opinión:

Para min a utilizabilidade (si, utilizable e non usable: penso que está mellor dito que un web se utiliza e non que se usa… non calquemos aos ingleses tamén para isto, por favor!) de Vieiros empeorou, cando menos en diversos aspectos:

  • As ligazóns xa non está subliñadas, e polo tanto o principio recoñecemento vs. memorización desfavorece o resultado acadado co novo Vieiros.
  • A cor azul é a que peor percibe o ollo humano e hai unha presenza moi importante desa cor no novo Vieiros, en elementos activos, ademais cun tono de azul especialmente pouco visible.
  • Desbotouse aos usuarios de resolucións 800×600 que agora debemos facer scroll vertical para ver algo practicamente desde o principio, e ademais a maqueta non colle en horizontal e debemos facer o molestísimo scroll horizontal para ler as columnas dereitas. E digo eu se o sacrificaren aos pobres usuarios atados aínda a pantallas pequenas foi algo consciente… e se así foi, pensouse que era preciso. Coido que hai exemplos de abondo de webs que se poden ver e utilizar moi ben a varias resolucións sen ter que sacrificar a ninguén (o propio Vieiros na súa versión anterior). Aínda que lendo o seguinte, xa vexo que os intereses dos usuarios -polo menos de parte deles- foron relegados por outros de carácter ¿comercial?:

    A reforma tinha que acadar um equilíbrio entre necesidades da empresa, as dos usuarios e recursos disponíveis.

Polo tanto a miña avaliación da presunta mellora en canto a usabilidade é máis ben negativa. O anterior Vieiros era moi doado de utilizar e non tiña problema ningún de visualización. Agora pode que houbera destacadas melloras funcionais, pero o resultado arastrou notables defectos no terreo da usability.

[GL]

Feiraco non se pregunta por que ninguén contacta con eles?

Clasificado bajo: De Reti Commerciali — admin @ 6:53 pm

Despois das novas que foron aparecendo nestes últimos tempos sobre o tirapuxa dos gandeiros coas empresas que lles compran o leite, decidín facer unha visita ao web de Feiraco para averiguar se distribuían no País Vasco. Xa empecei mal: o .com correspondente non é deles… Despois atopeime á fin cun web moi pouco utilizable, cun excesivo emprego do Flash. Pero o peor de todo foi que o formulario de contacto non lles funciona. Coido lembrar que hai xa varios anos, atopeime con este mesmo problema. E digo eu: non lles extraña non recibir ningunha mensaxe de contacto por medio do seu web? Coido que é un indicio do pecado capital das empresas en Internet: non fan os seus proxectos de web cun obxectivo definido e cuantificado e así despois, non estabelecen mecanismos de seguimento para verificar se o diñeiro que investiron na Rede lles está a dar os resultados previstos. Se non, debían ter un obxectivo de contactos respondidos por medio do web, que loxicamente non se está a cumprir (desde hai anos!) porque o formulario non vai.

[GL]

O novo Vieiros e as ligazóns

Clasificado bajo: De Reti Commerciali, De Reflexionibus Reti — admin @ 5:50 pm

Non quería deixar de comentar algo que me chamou desagradablemente a atención do novo Vieiros, ademais doutros aspectos de utilizabilidade web que teo comentado no propio portal. Neste caso semella unha incoherencia en canto á propia filosofía do portal. Lemos en http://www.vieiros.com/vieiros/index/texto:creative_commons o seguinte:

“Os links son fundamentais para que a información flúa a través de internet. “

Estupenda perogrullada! Pero, se verdadeiramente pensan iso… Por que xa non permiten incluir ligazóns nos comentarios do novo sistema? E por que eliminaron centos (senón milleiros) de comentarios que existían na versión anterior do portal e que contiñan en moitos casos interesantes ligazóns cara a outros webs?

Imaxino que isto, como o resto de suxestións, queixas e comentarios que lles deixei, caerá en saco roto. Pero non quería deixar de salientalo aquí para coñecemento doutros usuarios deste decanos dos portais galegos.

[ES]

Daewoo España: cómo cometer 4 graves errores en un web nada más entrar

Clasificado bajo: De Reti Commerciali, De Stultitia in Reti — admin @ 5:41 pm

El otro día, por necesidad de consultar un aspecto técnico de un aparato de esta marca, estuve buscando por la Web y acabé en el terrible web de Daewoo España. Cualquiera que entre como yo, sin querer profundizar mucho, se encontrará con 4 graves errores en la construcción de este web:

1) Aunque entro por un dominio claramente español (.ES), ¡me hace elegir país!
2) Me obliga a saltar dos intros para entrar a la información propiamente dicha.
3) Los menús no sé si por un problema de Flash, me son totalmente opacos, no incluyen ningún textos en los botones y debo navegar a oscuras.
4) El buscador interno devuelve el siguiente error:

Microsoft OLE DB Provider for ODBC Drivers Fehler "80040e37'

[Microsoft][ODBC Microsoft Access Driver] Das Microsoft
Jet-Datenbankmodul findet die Eingangstabelle oder Abfrage 'ES_PAGINAS'
nicht. Stellen Sie sicher, dass sie existiert und der Name richtig
eingegeben wurde.

/es/2006/abm/inc_file/estadisticas.asp, line 25

Ah, y sobra decir que tampoco me proporcionó el web la información que buscaba. De hecho ni siquiera encontré referencia alguna: como si estuviera buscando mismamente un aparato que no fuese de ellos.

…De vergüenza, sobre todo en una empresa multinacional como esta.

14/3/2007

[ES]

¿Por qué publicar música bajo licencia ‘copyleft’?

Clasificado bajo: De Reti Commerciali, De Reflexionibus Reti — admin @ 11:12 pm

Ante el caso que ya se me plantea por segunda vez de exponer a un músico las ventajas de publicar sus obras con copyleft en lugar de con los restrictivos derechos de autor gestionados por nuestros amigos de la SGAE, me he propuesto iniciar con este post, un breve análisis de los pros y los contras de esta opción de edición, los cuales espero que sean completados por los lectores, sobre todo si trabajan en el terreno de la música:

Ventajas de publicar música copyleft

  • Te permite llegar a más gente, pues al no haber restricción de copia, estas circularán más.
  • El llegar a más gente, sobre todo a través de Internet, permite que te conozcan en otros países, con lo cual tu circuito de conciertos puede ampliarse a nivel mundial. Hay casos muy diversos de grupos que han compensado la pérdida de ingresos por derechos de autor con un número mayor de conciertos.
  • Contribuyes a la difusión de la cultura de una forma libre y directa creador-consumidor.
  • Puedes seguir vendiendo discos, no es incompatible, pero más baratos y sin intermediarios.
  • Es compatible publicar unas canciones como copyleft y otras con copyright; grupos muy destacados ya lo han hecho.

Ventajas de publicar música copyright

  • Cobras derechos de autor por cada disco vendido. Es decir, del PVP te llevas una pequeña fracción. Así para ganar 1.000 euros, si te llevas un 10% de los 20 euros de precio de venta, necesitarías vender 500 discos.
  • Se supone que si tu música protegida (?) con copyright se emite en bares, discotecas, verbenas, radios, etc. (es decir, todos los paganos de la SGAE), te harán llegar un cheque con el dinero que te corresponda. En la práctica esto no es así porque es prácticamente imposible saber quién emite qué y cuándo, y la SGAE utiliza un baremo que acaba beneficiando de forma desproporcionada a un puñado de artistas superventas.
Next Page »

Powered by WordPress