International Spam (para reírse un poco)
Recibí este mensaje por medio del boletín personal Nilo news, de Nilo Casares:
Subject: Fijaos el despropósito de este spam
el tío que lo envía dice que se llama john y que es americano, pero escribe desde un dominio en alemania (de) y desde el correo de un tal daniflors (casi estoy por pensar que es catalán el tío) y te pide que le escribas a rusia (a un correo que tiene el dominio de primer nivel ru) a la supuesta clayton inc
y después dicen que a la gente la engañan, pues no sé cómo
mientras escribía esta introducción me ha llegado otro mail del mismo tío desde corea
John Gilbert, Clayton Investments Inc”
y otro desde una compañía en cualquier lugar
“John Gilbert, Clayton Investments Inc”
pero el texto siempre es el mismo y debes dirigirte a rusia
eso
que no os engañen
Gracias, Nilo
Esto es lo que tiene la maldita mundialización!
8/4/2008
Problemas con Yoigo
Trataré de contarlo telegráficamente:
1) Tras varios meses de darme “fallo de tarjeta SIM” mi teléfono liberado con tarjeta de Yoigo deja de funcionar.
2) Compruebo, tal y como indica Yoigo en su web, que el fallo es de la tarjeta y no del terminal, insertando una tarjeta de otro operador.
3) Solicito por teléfono que me envíen un duplicado. Es el día 6 de Marzo. Les advierto que he cambiado de dirección respecto a la que ellos tenían, para que me la envíen al lugar correcto. Me dicen que tardará unos 10 días y que si no me llega para entonces, que les vuelva a llamar.
4) El día 10 de Marzo la nueva tarjeta está generada, según me enteraré más tarde.
5) Tras unos 15 días vuelvo a llamarles. Me dicen que la tarjeta ha salido hacia mi dirección antigua, no saben por qué. Ni si va por Correos o por SEUR. ¡Genial! Menos mal que en esa dirección me cogen el correo. Espero el aviso de mi familia acerca de algún aviso de entrega certificado.
6) Unos días después me llama mi familia para decirme que me han dejado allí un aviso de SEUR, pero con el sobre que incluye la tarjeta. ¡Genial! Ni envío certificado ni leches. Si llega a haber otra persona sin relación conmigo en mi antiguo domicilio… entre Yoigo y SEUR le hubieran hecho un bonito regalo: mi tarjeta SIM!
7) Recibo un paquete que debe costear mi familia, con el sobre de Yoigo. Son los primeros días de Abril.
8) Prueba la tarjeta, pero algo va mal: no puedo enviar mensajes ni llamar.
9) Tras 4 llamadas a Yoigo averiguo que les tenía que haber pedido la activación tras recibirla. En el sobre no indicaban absolutamente nada.
10) La tarjeta vuelve a dar algunos “fallos de tarjeta SIM”, pero funcionando casi todo el tiempo.
11) Me llega un SMS de Yoigo diciendo que como no llego al consumo mínimo de 6 euros/mes me quitan 2,16 euros de mi saldo (¡menos mal que no tenía más!).
12) Llamo para protestar por este hecho ya que si hice consumo fue porque no tenía la tarjeta. Procuro ser educado y no indignarme. Hasta que la señorita que me atiende me dice que la tarjeta lleva fabricada desde el día 10 y que desde entonces cuenta el mes a efectos de saldo. Le digo que a mí no me importa cuándo la tuvieran ellos allí, que el caso es que no me llegó hasta primeros de Abril y eso de puñetero milagro ya que es su negligencia la mandaron a donde no era. La actitud de la que me atiende me sigue molestando, pues me empieza a hablar de hipótesis de que yo podía tener el aviso y no recogerlo, y que ellos tenían que cobrar igual. Encima me habla de que “le aparece” una determinada fecha de recogida. Ahí me da la risa y le pregunto qué fecha le aparece (ya que no firmó nadie la recogida: SEUR me la dejó en el buzón, encima de un lugar diferente al que les pedí). Se niega a dármela y me dice que no me tenía que haber dicho nada y limitarse a tramitar la queja.
Tengo claro que como no me devuelvan los 2,16 euros les mando a paseo. Estaba dispuesto a pasar por alto la chapuza de enviármelo a donde no era, pero el cobrarme encima multa por algo que era culpa de ellos y tratarme tan poco respetuosamente superó el límite de mi comprensión como cliente.
23/3/2008
Crítica a Pascual Serrano
Pascual Serrano, un dos creadores do webzine contrainformativo Rebelion.org, fala a cotío da importancia de contrastar a información, unha das eivas, disque, deste tipo de medios. Pero el cae na incoherencia de non soamente non contrastar algún dos datos que máis lle gusta repetir cando fala do nacemento do seu medio (seu e dun pechado grupo dunha ducia de xestores, segundo el mesmo recoñece e defende), senón que cando se lle fai ver que son errados, insiste en continuar espallando esa desinformación.
Estoume a referir a certas apreciacións que lle lera primeiramente no bimensual Diagonal, e que despois de llos ter rebatido nunha carta ao mesmo medio, en esixencia dun maior rigor, hoxe lle volvín escoitar na gravación da súa conferencia en Compostela no pasado outubro no simposio Pobre Mundo Rico. A saber: que en 1996, cando botou a andar o seu webzine, non existían medios de comunicación en Internet, que non existían os buscadores, e… (isto é novo e mesmo máis falso) que apenas existía o correo electrónico. Faría ben Pascual Serrano en documentarse mellor, porque ou se falla a memoria ou coñecía moi mal a Rede daquela e non se molestou en paliar ese descoñecemento nestes xa case 12 anos. O que non ten xustificación ningunha é que cando se lle corrixen os seus erros dando datos acerca da existencia de medios online, buscadores, newsgroups, etc. naquelas datas, el teime en negalos, como quen quixer gabarse de ter inventado a roda ou colgarse a medalla de pioneiro absoluto nunha Rede que aínda hoxe demostra non coñecer especialmente ben: velaí como mostra a súa errada apreciación de que os usuarios que envían novas a Menéame non achegan nada novo ás mesmas e se limitan a copiar a ligazón, cando o seu xeito de titularen e presentaren mediante comentarios de seu as novas ten unha clarísima incidencia na difusión e éxito das mesmas. Ou cando afirma que acaba de coñecer FirmasOnLine, un vello sistema de votación de iniciativas populares por Internet, que cuxa utilidade el despreza simplemente porque inclúe publicidade (pero isto merecerá outro comentario noutro lugar).
Así que unha vez máis, desde aquí, esixo rigor a quen desde múltiples púlpitos fala como experto da contrainformación na Internet.
9/2/2008
Infórmate en Soldados.com(ercial!!!)

Fijaos en el TLD: .COM, es decir COMercial. Por lo visto ahora la guerra (o la profesión de soldado) ya se autodefine cínicamente como un negocio.
21/1/2008
Quen modera o moderador? (Ou: Reixa, por que non calarás!)
Hai unhas pouquiñas horas tiven a desagradable ocasión de comprobar o que ten de certa a fama de ogro de Antón Reixa. Eu non esperaba en absoluto a bochornosa actuación que había presenciar cando acudín ao Pazo de Congresos de Compostela a escoitar as intervencións do panel sectorial “TIC & Audiovisual” do I Encontro de Empresarios Galegos en Rede.
Ao remate das exposicións Reixa, nas súas atribucións de moderador do panel, invitou ao público asistente a intervir con preguntas e así comezarmos un debate cos empresarios alí presentes. A primeira pregunta foi para Sara Dobarro, de Comunicación Global, e cando esta ferrolá emigrada estaba tratando de a contestar, Reixa cortouna abruptamente cunha crítica feroz e maleducada que virou mesmo nun trato cruel, abusivo, inxustificado e despreciativo contra a Sra. Dobarro, quen non daba saído do seu asombro como a maioría dos presentes. A hostilidade que lle amosou Reixa fala moi pouco da súa educación como persoa e da súa profesionalidade. Ademais, o fondo da súa crítica e censura á panelista nin tan sequera tiña fundamento lóxico: segundo el, Dobarro quixera vender o seu proxecto de TV IP pangalega, e iso parecíalle mal porque alí seica non se estaba para iso, senón para facer negocios. Eu non sei que tipo de negocios se fan sen mercar & vender, igual Reixa si… non o explicou; nin sei como se van estabelecer alianzas, cooperacións, sinerxias… tratos comerciais calesquera se cada un/ha non explica o que ofrece e o que precisa.
Reixa chegou a descualificar ad hominem a Dobarro (“no sabes comunicar”) e a criticar aos organizadores por tela invitado (“pois moi mal o IGAPE!”). Sara Dobarro recibira a invitación expresa dos responsables do IGAPE para expoñer o seu proxecto, segundo explicou despois, o cal descualifica totalmente o fondo da crítica de Reixa ao contido e obxectivo de dita exposición. Pero iso non quita para que as formas estiveran totalmente fóra de lugar. Daban gañas de soltalle desde o público a este resentido: “Acouga, McKeyhan, garda as pistolas que a señora non che fixo nada”. Lamentable o espectáculo deste showman que seica é director dun cluster do audiovisual galego. Compadezco aos que teñan que asistir ás reunións dese grupo empresarial con Reixa presidindo!
Pregúntome, por outra banda, se o motivo real desta histérica reacción de Antón Reixa ten algo que ver con que Dobarro defendera a viabilidade (ou mesmo a necesidade) dunha canle de TV por Internet, xa que veu imediatamente ao maxín o Foro da Cidade da Cultura de hai algo máis dun ano, no que tiven a sorte de participar e no que defendín tamén unha canle IP, naquel caso para trasmitir aos galegos da diáspora os eventos e contidos producidos cando a Cidade estea en marcha.
Daquela Reixa descualificou tamén con arrogancia e desprezo a mera idea dicindo que canles de TV tiñamos de abondo como para crear outra en Internet. Aínda que non explicou se onde tiñamos canles abondo era en Galiza, en España, no mundo, na diáspora, ou en Internet. Será que tivo a sorte de non ter que emigrar nunca nin que tentar exercer o seu dereito a desfrutar da cultura galega como emigrante, dereito recoñecido legal e moralmente para calquera galego, viva no lugar do mundo que viva. Vamos, todo un coñecer da relación dos medios coas NTIC e todo un paradigma de solidariedade intergalega.
11/8/2007
Analfabetos electrónicos
Non me deixará de indignar nunca o atrevida que é a ignorancia dalgúns usuarios da Rede. Porque o que non me extraña é que haxa esa ignorancia, de feito estamos a meter a millóns de persoas nun novo sistema de comunicación sen a máis mínima preparación sobre os seus códigos. É como se de súpeto tivésemos que compartir as autoestradas con milleiros de condutores noveles e sen carnet ao volante de coches do trinque.
Os problemas xorden cando te atopas nas ciberestradas con algún destes neointernautas (ou non tan neos) e che rifa por ires pola dereita, ou por non o avisar dun troco de sentido malia teres ti marcado correctamente cun intermitente do cal o analfabeto descoñece o significado.
É aí cando o internauta veterán se alporiza e lle ferve a cabeza. Como a estas alturas temos que aturar que alguén nos diga cousas como: “a min non te me atrevas a esmiuzar a miña mensaxe cando ma respondas” ou “é moi maleducado copiares e pegares as miñas frases” cando un emprega o clásico e practiquísimo quoting no e-mail, ou terlle que explicar a un interlocutor que se contesta por riba das mensaxes que responde, vólvese unha tolemia manter unha conversa mediante e-mails sucesivos!!? Ou mesmo ter que recibir unha bronca porque un necio de funcionario non sabe interpretar o emoticono máis sinxelo?
Se é que non deberían vender coches a quen non demostrou saber as normas de circulación! >:-(
18/6/2007
Sobre as críticas de Rodrigo Varela (de Galinus) en Chuza
Quixera comezar as miñas reflexión nesta nova sección de Res Retica que vou adicar ao meu labor para Fillos de Galicia, comentando a sorpresa e desagrado que me causa a actitude amosada por alguén que semella ser Rodrigo Varela Tabuyo e que baixo o alcume de roicinho ven de participar cos seus comentarios dunha forma ao meu entender lamentable, nunha nova que enviei hai uns días a Chuza encol do lanzamento da Parcelaria 2.0.
Gostaríame deixar algunhas cousas claras ao respecto destes seus comentarios:
- Que unha empresa (ou alguén que ten unha responsabilidade importante nela, como entendo que é o caso), en troques de apoiar o chamamento dunha entidade non lucrativa que traballa pola conservación e espallamento da nosa cultura, se adique a sementar dúbidas, facer críticas feroces, insultar e achegar datos erróneos, non merece outro calificativo que actitude cainita. Con accións deste tipo, Galiza e a súa cultura nunca poderá saír do burato onde a queren meter os seus inimigos.
- E digo sementar dúbidas porque parece que non quere crer os datos achegados, aínda que se abran ao público as nosas estatísticas para despexar dúbidas e diferenzas de interpretación de cifras de visitas, etc.
- E digo crítica feroz porque coido que non é forma de tratar a unha entidade non lucrativa e cultura como a nosa, un proxecto que leva máis de 10 anos ofrecendo en condicións moi difíciles e sempre coa trasparencia como valor inherente, algo que ninguén máis ofrecía. Sen apoio público nin privado. Simplemente por compromiso coa nosa xente e o noso país espallado polo mundo.
- E digo insultar porque aínda que me fai graza que me chamen vaca sagrada coido que non foi un piropo. E a comparación con Fraga semella absolutamente fóra de lugar e inmerecida desde calquera punto de vista. As críticas e preguntas maliciosas de roicinho eran de índole técnica ou política? Xa non me queda claro.
- Os datos erróneos son unha maneira moi fea de enlixar un chamamento á soidariedade. Non soamente Rodrigo non contribúe a axudar a Fillos senón que provoca o desprestixio de que o fai, sementando dúbidas sobre a súa honradez. En troques de pensar que a diferente interpretación de certas cifras estatísticas non leva a deducir mala fe algunha, e para nada inflúe no fundo da cuestión (Fillos precisa axuda económica para manter un servizo de calidade), adícase a buscar as voltas a cifras que mesmo desde un punto de vista técnico son dificilmente xustificables (desde cando un buscador de blogs como Technorati é un medidor da importancia dun portal?). E cando lle fago ver que achega datos falsos acerca dos links en Google, escurre o vulto e non xustifica as súas mentiras ou falsidades.
- Non podo por tanto deixar de lamentar que no noso país, en xente supostamente comprometida co avance tecnolóxico da Internet galega, coa cultura e co idioma, existe a capacidade, carraxe, falta de ética e inconsciencia como para tratar así a quen non soamente non debería merecer trato de inimigo, senón que gasta as súas enerxías cada día nun obxectivo non lucrativo, social e cultural.
- Xa chega de cainismos, envexas ou inmadureza profesional.
PS: Debo recoñecer que cando outro chuceiro revelou a identidade de roicinho como responsable de Galinus, levei unha grande sorpresa. Polo seu primeiro comentario, pensara eu que me atopaba cun típico adolescente que cre saber catro cousas de Internet e por algunha carraxe contra os emigrantes ou así, cargaba contra min (ou contra Fillos). Porque ese nome non me soaba de nada e non tiña consciencia de lle ter feito nada nin que puidera ter nada contra Fillos de Galicia. Así é que cando souben que se trataba de alguén de Galinus, lembrei as críticas que eu fixera -coido que construtivas- no blog desta empresa a conta de Vieiros, cuxa renovación recente mereceu tamén certos comentarios neste mesmo blog de meu. Así que invito aos lectores a que lexan estes comentarios, estoutro, e mesmo este, para que xulguen se:
- Poden ter algo que ver co ataque que recibiu Fillos por parte de Rodrigo.
- Se por moi duras que lles pareceran as miñas críticas, lle da iso dereito a criticar a Fillos de Galicia. Iso é non saber diferenciar. Eu critiquei un traballo concreto deles (penso que de forma razoada), e se ficaron doídos, podería entender que me criticasen a min, pero non á asociación Cultural Fillos de Galicia. Ademais unha cousa é criticar a usabilidade dun web e outra tentar enlixar o crédito dunha organización non lucrativa.
10/4/2007
Daewoo España: cómo cometer 4 graves errores en un web nada más entrar
El otro día, por necesidad de consultar un aspecto técnico de un aparato de esta marca, estuve buscando por la Web y acabé en el terrible web de Daewoo España. Cualquiera que entre como yo, sin querer profundizar mucho, se encontrará con 4 graves errores en la construcción de este web:
1) Aunque entro por un dominio claramente español (.ES), ¡me hace elegir país!
2) Me obliga a saltar dos intros para entrar a la información propiamente dicha.
3) Los menús no sé si por un problema de Flash, me son totalmente opacos, no incluyen ningún textos en los botones y debo navegar a oscuras.
4) El buscador interno devuelve el siguiente error:
Microsoft OLE DB Provider for ODBC Drivers Fehler "80040e37'[Microsoft][ODBC Microsoft Access Driver] Das Microsoft
Jet-Datenbankmodul findet die Eingangstabelle oder Abfrage 'ES_PAGINAS'
nicht. Stellen Sie sicher, dass sie existiert und der Name richtig
eingegeben wurde./es/2006/abm/inc_file/estadisticas.asp, line 25
Ah, y sobra decir que tampoco me proporcionó el web la información que buscaba. De hecho ni siquiera encontré referencia alguna: como si estuviera buscando mismamente un aparato que no fuese de ellos.
…De vergüenza, sobre todo en una empresa multinacional como esta.
Taller electrónico: el sumum de la ‘mystery meat navigation’
Ya hemos dado anteriormente en este blog un repaso a algún otro ejemplo de la denominada mystery meat navigation (o navegación ciega, podríamos llamarla en castellano). Hoy, buscando información sobre un grupo de rock (creo que coruñés) llamado Triángulo de Amor Bizarro, me he encontrado con lo que creo que es el colmo de este tipo de pecado del diseño web (¡bendito SnapIt, que me ahorra la necesidad de haceros una captura!)
Será un Taller Electrónico, pero en cuanto a diseño de web no pasaban ni la ITV ;-P
9/2/2007
Juan Pablo Silvestre, por favor… documéntate
Este presentador y músico comienza a darme dolor de cabeza. No sólo se empeña en machacar en su programa con sus petardísimas canciones, en hacer preguntas capciosas a sus -sin duda- interesantes invitados en Mundo Babel / Red Babel, sino que ahora nos viene a confundir al personal dando a entender que software libre y software gratuito es lo mismo. Lo escuché en una anuncio del programa especial que hace mañana dedicado al encuentro internacional de Badajoz, en el que con su habitual tono que no sé si pretende ser místico, sensual o simplemente cargante, dice “Software libre, coste cero”. No sé si por coste entiende que no cuesta nada producirlo o que no cuesta nada adquirirlo, pero ambos son grandes errores de concepto. ¡Espero que mañana alguno de sus invitados le corrija! Para otra vez, y si quieres meterte en temas de los que evidentemente no tienes mucha idea, por favor documéntate mejor, Juan Pablo.
Powered by WordPress


