Res Retica

21/7/2009

[GL]

Yauba: por fin unha alternativa a Google?

Clasificado bajo: De Reti Commerciali, De Technologia Retis, De Reflexionibus Reti — admin @ 7:12 am

Yauba (Brasil)Veño de descubir estes días un novo buscador realmente interesante: Yauba. En primeiro lugar porque o seu factor diferencial con respecto a Google, Yahoo! e outros é a súa política de privacidade, que se resume en 9 palabras:

We do not keep any personally identifiable information. Period.

Non recollen información persoal e permiten navegar de maneira anónima polas ligazóns que atopas neles. Ademais están contra a censura oficial de países coma Irán (foi empregado nas recentes revoltas polos disidentes do país persa) ou China, ao contrario que Google ou Yahoo! que se pregan ás condicións dos gobernos non democráticos con tal de pillar tallada do seu mercado.

De feito a empresa pon énfase da defensa na RSC e dos dereitos humans, un dos cales é para eles o dereito á privacidade cando un busca información na Rede, e apoia o acceso á cultura, a educación e a alimentación nas zonas rurais da India, país onde está baseada a empresa Yauba New Media, que tamén ten participación británica. De feito as súas sedes son Bangalore, Delhi e Londres. É salientable que a empresa, pola información que me trasmitiron en comunicación directa por email, é propiedade dos traballadores (se cadra unha cooperativa?).

O buscador foi presentado en marzo deste ano tras anos de investigación no Indian Institute of Technology, o Massachusetts Institute of Technology, e as universidades de Delhi, Harvard e Berkeley.

Na súa versión en portugués hai un interesante vídeo que explica a súa filosofía e funcionamento, que achega unha novidosa forma de buscar que achega coñecemento e organización diferente (moito máis organizada e con resultados procedentes das redes sociais online) á que estamos afeitos co Gran G, herdeira do anterior gran buscador: Altavista. Polo tanto, como iniciativa que tenta ofrecer todo aquelo que o Gran G non fai, e que aposta por un servizo ético á hora de acceder a fonte de información libre máis grande do mundo, merecen todo o meu apoio. Un golpe de aire fresco nunha Rede cada vez máis amenazada!

Asemade, sei que os seus defeutos de partida (non contan con fontes RSS nin inclúen aínda formatos abertos no seu buscador de documentos) están traballando para corrixilos.

Polo tanto dareilles unha boa oportunidade e deixarei de guglear para agora yaubear.

7/3/2009

[GL]

Como descargar vídeos (FLV) do Google Video con Seamonkey

Clasificado bajo: De Technologia Retis — admin @ 11:42 am

7/2/2008

[ES]

DailyMotion, alternativa ‘ética’ a YouTube y GoogleVideo

Clasificado bajo: De Technologia Retis — admin @ 11:40 pm

17/2/2007

[ES]

Previsualización de los webs enlazados desde Res Retica

Clasificado bajo: De Technologia Retis — admin @ 8:41 pm

27/9/2006

[ES]

Ventajas de Mozilla/Firefox/Thunderbird

Clasificado bajo: De Technologia Retis — admin @ 6:09 pm

21/1/2006

[ES]

Colección de bookmarklets

Clasificado bajo: De Technologia Retis — admin @ 6:34 pm

3/1/2006

[ES]

Oír un disco entero antes de comprarlo

Clasificado bajo: De Reti Commerciali, De Technologia Retis — admin @ 8:17 pm

27/12/2005

[ES]

RSS en la tele

Clasificado bajo: De Technologia Retis — admin @ 6:54 pm

17/12/2005

[ES]

¡Por fin de nuevo audioscrobleando!

Clasificado bajo: De Technologia Retis — admin @ 5:52 pm

11/11/2005

[ES]

Compartir el correo entre Windows y Linux

Clasificado bajo: De Technologia Retis — admin @ 12:49 pm
Next Page »

Powered by WordPress