Home
O que ofrece GRATIS
Os webs que HOSPEDA
O novo de SIMIL
                        
O que SIMIL hace


SIMIL é unha xove empresa especializada en Multimedia, Internet e na espectacular combinación de ámbolos dous.

Estes son algúns dos diferentes productos e servicios que ofrece ás empresas:

Catálogos Presentacións Puntos de información
Educativos Páxinas de web Software á medida
Interactivos en Internet Hospedaxe de webs Tiendas on-line


Consultas: simil@simil.com. Lista de realizacións


Se desexa recibir a nosa presentación electrónica cobra este formulario ou descárguea de ftp://simil.com/pub/simil/presenw95/simil.zip (Windows 95 - 763 Kb - idioma castelán).

E se está interesado en traballar connosco, ben como profesional ou como empresa, encha o noso formulario de colaboración.


Catálogos electrónicos
O catálogo da súa empresa en CD-ROM, diskette ou Internet. A transición do clásico catálogo en papel a un soporte informático interactivo e mesmo (¿por que non?) multimedia. Se necesita telo permanentemente actualizado para que os seus clientes poidan acceder en calquera intre ás últimas novidades dos seus artigos, o catálogo web é a solución ideal.

Presentacións de empresa
Dispoña dun CD-ROM ou diskette como tarxeta electrónica de presentación. Cun deseño atractivo, aporte información interactiva ós seus clientes cunha ferramenta de marketing impactante que aproveita tódalas vantaxes do multimedia: sonido, animacións, vídeo de empresa. Pode incluír tamén o seu catálogo de productos nela.

Puntos de información
Os chamados quioscos de información son unha valiosa forma de comunicarse co público. Poden ofrecer información comercial (vendedor automático), turística, ó cidadán, etc. E todo isto cunha interface sinxela e atractiva para conquerir o maior impacto. Un sinxelo moble e unha pantalla táctil é todo o que se necesita.

Aplicacións educativas
A revolución da Educación Asistida por Ordenador (EAO) veuse impulsada polas ferramentas multimedia que permiten vermos e oírmos (ademáis de ler) aquilo que queremos aprender. Os colexiais aprenden divertíndose, os maiores autofórmanse, os profesionais reciclan os seus coñecementos... Na plataforma que desexen: CD-ROM ou Internet ou unha combinación de ámbalas dúas (educación multimedia a distancia).

Deseño de páxinas de web
A súa presencia en Internet é importante, pero non pode estar de calquera maneira. Un deseño atractivo e unhas páxinas interactivas son o que lle fará destacar entre o caos da Rede.

Software á medida
Se necesita calquiera tipo de desenrolo ou consultoría informática, SIMIL pode axudarlle.

Aplicacións interactivas sobre web
As páxinas de web xa deixaron de ser estáticas. Agora son unha plataforma para as más increíbles aplicacións interactivas e multimedia. Xogos on-line, catálogos remotos, demos en web, buscadores interactivos, animacións... é o que as súas páxinas están a necesitar.

Hospedaxe de webs
E se xa ten as súas páxinas de web, SIMIL facilítalle ciberespacio ecómico para aloxalas.

Tendas on-line
Se ten algo que vender, Internet é un mercado que non pode deixar escapar. O seu catálogo pode ser adaptado á rede e os seus productos publicitados a nivel mundial. E non se preocupe pola seguridade: SIMIL ofrécelle páxinas seguras de web para que os seus clientes paguen con tarxeta con total seguridade.


Última actualización desta páxina: 3 de Xaneiro de 1998.