:-)Emoticonos:-)

Unha pequena guía para comunicármonos mellor no ciberespacio.

por Casdeiro (casdeiro@simil.com).

O correo electrónico é un medio de comunicación que pola súa propia natureza escrita non dispón dos canais adicionais da comunicación falada.

Cando unha persoa fala con outra cara a cara o tono da voz, o volume, as súas expresións faciais, os xestos que fai coas mans, etc. aportan información adicional ás palabras que emprega que nos fan entender moitas cousas máis có simple significado destas: se está enfadado, se ten medo, de está de coña...

Na comunicación por teléfono por exemplo, pérdense as componentes visuais da comunicación: a un pódelle dicir a moza que non o quere volver ver nin en pintura, cunha voz moi seria, e pode pensar que llo di en serio porque non ve a cara de vacile que está poñendo ó outro lado do teléfono.

E na comunicación escrita pérdese aínda outra compoñente máis: a compoñente sonora. Xa non podemos saber o tono da voz que nos fala dende as letras do papel.

Co correo electrónico pasa o mesmo que cos sistemas clásicos de correo. E isto provoca non poucos malentendidos. Pero neste novo mundo virtual inventouse un código complementario que facendo uso dos propios signos escritos, aporta boa parte de información extra, aínda que lonxe de chegar ó nivel de información da comunicación falada. Son os smileys ou emoticonos (de emoción + icono, símbolos que expresan emocións).

E velaquí vos trato de ofrecer unha escolma dos que me parecen máis útiles ou simpáticos. Por suposto, acepto novas aportacións a este listado (mandádeas a casdeiro@simil.com). Ah, e se non os entendes, míraos inclinando a cabeza cara á esquerda :-) .

:-|serio ou indiferente
:-)sorrinte
:-Drindo
X-Descarallado da risa
;-)choscando un ollo, cómplice
:-(triste
:-osorprendido
:-Omoi sorprendido
8-)sorrinte con lentes (NOTA: pódense combina-los lentes con case tódolos emoticonos)
:-{)sorrinte con bigote (NOTA: pódese combina-lo bigote con tódolos emoticonos)
:^)sorrinte (variante con nariz simpática) (NOTA: este nariz pódese combinar con case tódolos emoticonos)
:-psacando a lingua
:-9relaméndose
%-)mareado (ou bébedo, drogado...) e sorrinte
:-/escéptico
O:-)inocente, santo
:-Xprometendo silencio
:-"dando un bico
[:-)escoitando o walk-man
>;->o demo
-:-)punk (NOTA: a cresta pódese combinar con moitos emoticonos)
:-[vampiro
:-[_babeando
<:-)parviño
:-(=cos dentes longos
:-#censurado
:´-(chorando
:-)-8boas tetas
B-/chulo con lentes de sol

Última actualización: 17 de Marzo de 1997.