Inaugurado o 9 de Maio de 2009, este wiki pretende facilitar unha forma sinxela tanto de accederen os internautas como de eu actualizar a información xeral sobre os meus proxectos, curriculum e outros datos sobre min que veño recollendo en Casdeiro.info.
A anterior versión gráfica do índice do meu web e dos meus proxectos (que denominaba mapa dos meus proxectos), malia ser un achegamento gráfico (a xeito de constelación cun eixo temporal e outro temático) do que moito gustaba, resultaba complexo de actualizar ao estar baseado nun mapa de imaxe, que pasaba o tempo e nunca daba actualizado. O formato wiki, que levaba tempo considerando para o apartado do meu curriculum vitae, acabou parecéndome unha opción cómoda e axeitada para substituír ese índice e para mantelo moito máis actualizado.
Downshifter, Decrecedor (decrecentista) & neorrural en proceso de retorno ao campo e de aprendizaxe da Permacultura e outros métodos de agricultura natural.
2021: Prólogo (sen acreditar) para o libro Decrecemento. Construíndo alternativa, co título orixinal de “Por que o Decrecemento? E por que na Galiza?”. Edita: Rede de Decrecemento.
2020: Participación co texto “Políticas para la sostenibilidad” no libro Repensar la sostenibilidad, coordinado por José María Enríquez Sánchez, Carmen Duce Díaz y Luis Javier Miguel González. Edita: UNED.
2010: Participación co título de “Recuperación de la resiliencia rural en los albores del Decrecimiento Energético” no libro colectivo Decrecimientos. Lo que hay que cambiar en la vida cotidiana, coordinado por Carlos Taibo e editado por Libros de la Catarata.
2008: Autor de “Os departamentos de municipais de cultura e a súa presenza na Internet” en «Acción cultural e actuais tecnoloxías» (Cadernos temáticos para a acción cultural local nº 6), coordenado por Daniel Romero Rodríguez, Rita Gradaílle Pernas e Pablo Montero Souto e publicado pola Deputación Provincial da Coruña.
2006: O papel de Internet na conservación da identidade e cultura galegas entre os descendentes dos emigrantes (versión en PDF) (Premio de ensaio “Galeguidade” 2003 da Consellaría de Emigración da Xunta de Galicia), editado pola Asociación Cultural Fillos de Galicia.
2007: Coautor do pack multimedia «Ciberbullying. Prevención del Acoso por medio de las NTICs» publicado por PantallasAmigas. Guión dos debuxos animados e dos xogos incluídos no CD-ROM.
Revista Euskal kontsumo aldizkaria da asociación vasca de consumidores EKA: artigo sobre riscos en Internet “Internet: ate bat ireki da gure etxean” (publicado en euskera no seu nº 18, setembro 2005).
Suplemento “Descubrir” do xornal O Correo Galego: artigos “Windows 98: o lanzamento máis conflictivo” + “Ten sentido realmente investir en Windows 98, caduco antes de nacer?” (22/06/1998).
“A precaria revolución tecnolóxica da identidade” (reNova Galiza - Revista de pensamento cívico, estudos culturais e solidariedade galega, n. 2 extra: Caderno de pensamento cívico n. 2 “A Galiza global: as galegos e os galegos no mundo (I)”, xullo 2006)