Inaugurado o 9 de Maio de 2009, este wiki pretende facilitar unha forma sinxela tanto de accederen os internautas como de eu actualizar a información xeral sobre os meus proxectos, curriculum e outros datos sobre min que veño recollendo en Casdeiro.info.
A anterior versión gráfica do índice do meu web e dos meus proxectos (que denominaba mapa dos meus proxectos), malia ser un achegamento gráfico (a xeito de constelación cun eixo temporal e outro temático) do que moito gustaba, resultaba complexo de actualizar ao estar baseado nun mapa de imaxe, que pasaba o tempo e nunca daba actualizado. O formato wiki, que levaba tempo considerando para o apartado do meu curriculum vitae, acabou parecéndome unha opción cómoda e axeitada para substituír ese índice e para mantelo moito máis actualizado.

2016: La izquierda ante el colapso de la civilización industrial. Apuntes para un debate urgente, tradución actualizada ao castelán de «A Esquerda ante o colapso da civilización industrial.». Edita: La Oveja Roja. 
2016: Coordinación de Por que é que a crise non acabará nunca, tradución ao galego do libro de Jordi Solé e Francesc Sardà, do Oil Crash Observatory. 

2014: Participación no caderno O fim do petróleo, editado pola Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo.
2013: Coordinación do libro Guía para o descenso enerxético. Preparando unha Galiza pospetróleo, editado pola Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo. 
2012: Coordinación do libro Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos, editado pola Asociación Cultural Fillos de Galicia. 
2011: Participación co texto titulado “Á procura dunha estratexia para unha auténtica Democracia nun contexto de colapso” no libro colectivo 15-M. O pobo indignado, coordinado por Alfredo Iglesias Diéguez e editado por Laiovento.
2010: Participación co título de “Recuperación de la resiliencia rural en los albores del Decrecimiento Energético” no libro colectivo Decrecimientos. Lo que hay que cambiar en la vida cotidiana, coordinado por Carlos Taibo e editado por Libros de la Catarata.
2008: Autor de “Os departamentos de municipais de cultura e a súa presenza na Internet” en «Acción cultural e actuais tecnoloxías» (Cadernos temáticos para a acción cultural local nº 6), coordenado por Daniel Romero Rodríguez, Rita Gradaílle Pernas e Pablo Montero Souto e publicado pola Deputación Provincial da Coruña.
2007: Participación no libro colectivo de poesía Antoloxía poética de Diáspora Galega, editado pola Asociación Cultural Fillos de Galicia. 
2006: O papel de Internet na conservación da identidade e cultura galegas entre os descendentes dos emigrantes (versión en PDF)
(Premio de ensaio “Galeguidade” 2003 da Consellaría de Emigración da Xunta de Galicia), editado pola Asociación Cultural Fillos de Galicia.
2006: Tradución e adaptación do libro Ciberbullying. Guía práctica para madres, padres y personal docente, de Parry Aftab, con Jorge Flores, para PantallasAmigas.
2005: Tradución e adaptación do libro Internet con los menores riesgos. Guía práctica para madres y padres, de Parry Aftab, con Jorge Flores, para PantallasAmigas.
2005: Participación e coordinación da antoloxía de artigos de Planeta Galego titulada A Nosa Voz, editada pola Asociación Cultural Fillos de Galicia.
2007: Coautor do pack multimedia «Ciberbullying. Prevención del Acoso por medio de las NTICs» publicado por PantallasAmigas. Guión dos debuxos animados e dos xogos incluídos no CD-ROM.Últimas entradas dese blog:
pendente de engadir ligazón directa aos meus artigos)
casdeiro ARROBA degalicia PUNTO org
Nova PGP public key