Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


crisis_economica_mundial

Crisis Económica Mundial †

Enderezo

Acerca deste proxecto

Captura de blog de Crisis Económica Mundial obtida o 17/11/2013|

  • Experimento de recopilación de noticias relacionadas coa Crise Económica.
  • Funcionaba publicando de maneira automatizada todas as novas recollidas por unha fonte RSS creada en no servizo de ferramentas RSS xFruits.
  • Inicialmente coido que estivera en Wordpress.com pero como non permiten blogs que se nutran de contidos por medios automáticos tiven que sacalo a un blog aloxado nun hosting meu.
  • En 2009 as conexión con xFruits deixou de funcionar, tras algúns meses nos que eu non tivera tempo de ir limpando de posts que non foran pertinentes (a fonte RSS creada en xFruits non filtraba de manera perfecta).
  • En 2013 e despois de varios traslados de hosting decidín que quedara demasiado atrasado e non pagaba a pena tentar restaurar o seu funcionamento, despois de máis de 4 anos sen publicar contidos. Debido a que supuña un perigo deixalo existir no hosting cunha versión desactualizada de Wordpress, decidín eliminalo en novembro de 2013 tras uns ataques sufridos por outros dos meus blogs autoaloxados.
  • Algúns datos acerca do blog:
    • Theme: Hemingway.
    • Posts: 11.416.
    • Comentarios: 448 comentarios.
crisis_economica_mundial.txt · Última modificación: 2013/11/17 17:22 por casdeiro