etiquetal
Táboa de Contidos
eTIqueTAL †
Enderezo
Acerca deste proxecto
- Rede social baseada en tags creada como proxecto derivado de Fillos de Galicia grazas ao apoio durante 2 anos da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
- Está baseado no meu proxecto persoal Tagfinity.
- En 2008 tivo unha importante actualización.
- Tiña potencial pero careceu sempre de dinamización dabondo e quedaron pendentes melloras técnicas e funcionais que nunca chegaron a completarse.
- Tras os problemas de Fillos de Galicia nos últimos anos que derivaron no proceso Fillos 5.0, quedou moi abandonado.
- O web seguía a existir pero despois do traslado de hosting efectuado en 2010 deixou de funcionar correctamente.
- Tiña un blog asociado pero Blogaliza nunca o chegou a importar na súa rede de blogs, tal como Fillos de Galicia acordara con eles en 2010:
http://etiquetal.blogaliza.org/ - Fillos de Galicia perdeu a propiedade do dominio nalgún momento indeterminado e foi rexistrado por algún expoliador de dominios.
- Desde 2015 está arquivado en LegadoWeb.
etiquetal.txt · Última modificación: por casdeiro
