fillos_de_galicia
Fillos de Galicia
Enderezo
Acerca deste proxecto
Foi durante moito tempo o meu proxecto máis coñecido e exitoso, e sen dúbida ao que teño adicado máis esforzo e adicación de todos os que puxen en marcha en Internet. Fun o seu responsable técnico e de contidos durante moitos anos e actualmente limito a miña colaboración a apoios puntuais de carácter técnico e organizativo.
Naceu como lugar en Internet en 1997, e como Asociación Cultural en 2001.
Dispón de páxina de seu na Wikipedia, tanto en
galego, como en
castelán,
portugués e
inglés, aínda que ninguén a actualizou desde hai moito tempo. Nesas páxinas explica que
“En 2009 superaronse os 6.700 usuarios rexistrados na comunidade”.
A historia desta comunidade virtual e dos seus proxectos derivados pasou por moitas vicisitudes, cun medre continuado que derivou nunha grave crise en 2010 da que naceu a etapa
Fillos 5.0 na que se dividiron os contidos e servizos: por unha banda os blogs, usuarios, grupos e foro (
Taboleiro) integráronse en Blogaliza e o resto quedou aloxado en
RedCoruna, aloxador que acabaríamos abandonando en 2013 tras novos problemas como
abandonáramos no seu día Dinahosting. O proceso
Fillos 5.0 non foi completado e quedaron diversos compromisos pendentes por parte de Blogaliza. Actualmente, apartados vitais como o grupo de usuarios e o Taboleiro fórannos desactivados sen aviso previo.
Contou con deseños tanto no seu logotipo como para o portal principal e outros elementos gráficos, de Martiño Picallo.
Del naceron moitos outros proxectos:
-
Últimas entradas publicadas no blog principal de Fillos de Galicia
Últimas entradas publicadas no blog da Biblioteca de Fillos de Galicia
Últimas entradas publicadas no blog dos Reencontros de Fillos de Galicia
fillos_de_galicia.txt · Última modificación: 2013/03/28 18:33 por casdeiro