fumigacions_non
Táboa de Contidos
Fumigacións NON
Enderezo
Acerca deste proxecto
- Blog da Plataforma contra as fumigacións e por un futuro sen
pesticidaspraguicidas, que nacera en 2012 como resposta a un plan para fumigar centos de milleiros de hectares de eucaliptos por toda Galiza cun insectida tóxico. - A Plataforma xuntou nos seus primeiros meses máis de 50 colectivos, entre eles Véspera de Nada.
- Previamente eu creara unha petición online na plataforma Actuable (despois integrada en Change) que acadara case 100.000 sinaturas (aínda que a cifra oscilou moito arriba e abaixo durante bastante tempo), sendo a miña máis exitosa campaña deste tipo ata o de agora.
- Fixen tamén diversos deseños para a Plataforma e puxen en marcha diversas ciberaccións coa colaboración da xente de Change.org e outros ciberactivistas que colaboraron coa nosa loita. Foron notables os bombardeos de mensaxes á Xunta na súa páxina de Facebook. Algunhas capturas daquelas accións foron recollidas e están dispoñibles no web da Plataforma nunha páxina especial que se fixera con motivo da celebración daquela vitoria o día 03/03/2013 en Arzúa.
- Unha vez que esas fumigacións foron desautorizadas pola Xunta de Galicia grazas á nosa presión, a Plataforma decidiu continuar a súa loita contra outros praguicidas. Eu continuei en labores técnicos colaborando con ela por medio de Touda.
- En 2021 xa se decidira traspasar a LegadoWeb, o servizo de aloxamento permanente gratuíto de Touda, pero o traslado non se efectuou ata o 31/12/22. Desde aquela está ubicado coma unha copia estática do blog en http://www.legadoweb.com/fumigacionsnon/
Últimas entradas publicadas neste blog
- Houbo un erro ao tentar obter esta corrente RSS: http://fumigacionsnon.org/feed/
fumigacions_non.txt · Última modificación: 2022/12/31 17:31 por casdeiro