historial_deste_wiki
Historial deste wiki
2022-04-10: O wiki pasa a un segundo plano e o blog
De(s)Varia Materia convírtese no contido ao que se accede directamente a través do dominio
Casdeiro.info.
…
2013-03-29: Dou por rematada a actualización do wiki. Realizo unha actualización á última versión do Dokuwiki (2012-01-25b Angua). O aspecto gráfico tamén muda automaticamente nesta nova versión. Non se pode dicir que me guste demasiado o novo pero tempo haberá de mudalo…
2013-03-28: Continúo actualizando as páxinas dos proxectos, e engado sección para ver os últimos posts
nos que son de tipo blog.
2013-03-27: Remato a wikificación do meu
curriculum vitae. Continúo substituíndo as capturas
dos meus webs que estaban vía Websnapr e que xa había tempo que non funcionaban, por outras feitas
manualmente e aloxadas no
Media Manager do propio wiki.
2013-03-23: Comezo unha actualización xeral dos contidos do wiki.
…
2012-12-06: Substitúo a miña foto da capa por outra máis recente. Procedo a actualizar diversos datos. Actualización do Dokuwiki.
…
2011-11-23: Procedo a instalar a última versión do Dokuwiki, previa instalación manual do plugin de upgrade.
2011-11-22: Despois de recibir un mosqueante email avisando de que se rexistrara un usuario sospeitoso, procedo a desactivar o rexistro de usuarios (que non sei para que carallo o tiña activo!).
…
2010-06-04: Despois de telo bastante abandonado, procedo a engadir as fontes RSS dos meus blogs á capa.
…
2009-05-09: Creado o wiki. Configuración inicial. Comeza a introdución básica de contidos.
historial_deste_wiki.txt · Última modificación: 2022/04/10 08:32 por casdeiro