sementeira
Táboa de Contidos
Sementeira †
Enderezo
Acerca deste proxecto
- Rede social para activistas galegos, construída con Elgg.
- Iniciada como proxecto derivado de Véspera de Nada en Abril de 2009.
- Participo na súa concepción, configuración inicial e dinamización.
- Inicialmente estaba aloxada por Blogaliza pero despois de diversos problemas de mantemento e repetidos ataques de spam, desactivaron o web en febreiro de 2011 sen avisar.
- Despois dun tempo totalmente desaparecida acordamos con Lorea que a importasen no seu sistema e a actualizasen o software, pero despois de moitos meses e repetidos intentos démonos por vencidos xa que demostraron non tomarse en serio a súa restauración.
- Durante un tempo estivemos á espera dunha maneira de recuperala, porque en Véspera de Nada seguíamos a considerala necesaria. Explorouse a posibilidade de integrala no foro de Galiza.PosPetroleo.com, pero foi desbotada pola complexidade técnica.
- Finalmente foi arquivada (baixo contrasinal) en LegadoWeb e nunca máis foi usada.
sementeira.txt · Última modificación: por casdeiro
