Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


yo_no_compro

Yo No Compro

Enderezo

Acerca deste proxecto

Captura de YoNoCompro.info feita pola WayBackMachine o 27/04/2008

  • Escolma de boycotts que fago a título persoal, explicando os motivos.
  • Pasou por varias encarnacións (foro, sección de portal…) e actualmente ten formato blog.
  • Téñoo bastante abandonado desde hai tempo, malia seguir recopilando información sobre boycotts.
  • En 2011 migreino a Wordpress.com xunto con outros dos meus blogs que ata entón albergaba no meu hosting en Hetzner, pero pola cantidade de spam que acumulara no arquivo XML de exportación, a importación quedara truncada. Desde entón fixen varios intentos por limpar o XML de spam e reimportar, sen ter conseguido ata o de agora restaurar todos os contidos.
  • As actualizacións quedaron pendentes desta restauración do arquivo de posts previo á etapa en Wordpress.com.
  • Como nunca dei completado esa restauración en Wordpress.com e a presenza cada vez máis frecuente de anuncios publicitarios nos blogs aloxados baixo ese dominio, xunto coa irritante nova interface, me decidiran a ir trasladando todo o que tiña alí, de volta ao meu hosting persoal ou onde for.
  • Así, o 31/12/22 recuperei o blog no seu antigo enderezo (pero agora con SSL): https://casdeiro.info/boycotts/ (incluindo o arquivo completo de posts que Wordpress.com non me deixara importar, que 13 anos despois resucitan e volven á luz!). :-P
  • Quedou pendente actualizar con informacións boicoteiras que fora recollendo nos últimos anos e automatizar a publicación de posts vía email, como era a miña intención desde hai anos.

Últimas entradas publicadas neste blog

yo_no_compro.txt · Última modificación: 2022/12/31 18:04 por casdeiro